Ser un experto en información
Como sabes moi ben a información atópase dispoñible en diversas fontes e en distintos soportes, por exemplo en libros e revistas nas bibliotecas ou en páxinas web en Internet. Pero buscala e sabela tratar correctamente non é tan doado como parece a simple vista.
- ¿Onde está a información?
- ¿Cal é a mellor?
- ¿Como buscar?
- ¿Como seleccionar?
Mentres sexas estudante, terás que realizar buscas de información para traballos de clase. E unha vez remates os teus estudos terás que seguir facéndoas, para informarte no momento de tomar decisións no teu lugar de traballo ou para resolver temas persoais. Os coñecementos que xa tes sobre esta materia e os que aprenderás con estes materiais farán que se necesitas información che resulte máis sinxelo atopala.
Para ser un experto en información é importante saber por que, cando e como utilizar as ferramentas que tes dispoñibles como son as bibliotecas e Internet e saber valorar de xeito crítico a información que che proporcionan.