¿Que teño que facer?
![]()
Nesta unidade poderás aprender as principais características das bibliotecas, para que serven e como están organizadas coa finalidade de que sexan uns centros de información e de lectura que poidas utilizar habitualmente.
Aprenderás se les con atención a información de xeito ordenado e fas os exercicios ao finalizar a unidade.
Clica sobre a opción UNIDADE 1 para poder iniciar a actividade.
Á esquerda sempre atoparás o menú principal que che servirá para volver ao inicio ou cambiar de apartado.
Cando atopes este símbolo
clica para poder avanzar.
Unha vez lida e entendida toda a información que contén a UNIDADE 1 podes facer os exercicios.
Atoparás os exercicios nun documento word, que terás que abrir nunha ventá nova. Terás que traballar simultaneamente coas dúas pantallas no ordenador: o documento word e o documento web.
Cando remates garda o arquivo word na rede da escola co teu nome e apelido para podelo imprimir.