Ser un experto en información
Na UNIDADE 1 aprendemos que son as bibliotecas e como utilizalas, especialmente a biblioteca da escola sen menosprezar as posibilidades de Internet como recurso informativo.
Xa podemos responder á pregunta: ¿onde está a información?
Pero para chegar a ser un experto nesta materia é necesario aprender algúns outros aspectos relacionados coa información.
- As diferentes fontes de información que podes atopar indistintamente nunha biblioteca ou en Internet.
- As súas características principais.
- As súas utilidades para poder responder a necesidades de información determinadas.
Nesta unidade poderás coñecer como é a información, como se manifesta e qué soportes documentais existen e darte conta de que o máis importante nun documento é o seu contido e non a forma ou o soporte en que se nos presenta.