¿Que teño que facer?
![]()
Nesta unidade poderás aprender as principais características das fontes de información coa finalidade de que poidas utilizalas axeitadamente segundo a información que necesites.
Aprenderás se les con atención a información, de xeito ordenado e facendo os exercicios ao finalizar a unidade.
Clica sobre a opción UNIDADE 2 para poder iniciar a actividade.
Á esquerda sempre atoparás o menú principal, que che servirá para volver ao inicio ou cambiar de apartado
Cando atopes este símbolo
clica para poder avanzar.
Unha vez lida e entendida toda a información que contén a UNIDADE 2, podes facer os exercicios.
Os exercicios atoparalos nun documento word, que deberás abrir nunha ventá nova. Terás que traballar simultaneamente coas dúas pantallas no ordenador: o documento word e o documento web.
Cando remates garda o arquivo word na rede da escola, co teu nome e apelido, para podelo imprimir.