Ser un experto en información

                                                                                                           

Na UNIDADE 2 aprendemos que son as fontes de información e os seus distintos tipos segundo o grao de información que conteñen.

Tamén falamos dos formatos en que se nos pode presentar a información e os distintos soportes que a poden conter e que aquilo máis importante nun documento era o seu contido e non o seu soporte.

Pero para chegar a ser un experto en información tamén hai que aprender a localizar todos os documentos dos que falan na UNIDADE 2 dentro dunha biblioteca.

Nesta unidade poderás aprender que é un catálogo, para que serve e como utilizalo.