Ser un experto en información
Na UNIDADE 3 aprendemos que é o catálogo dunha biblioteca e como utilizalo, especialmente o catálogo da biblioteca da escola.
Xa podemos responder á pregunta: "¿como podo atopar información na biblioteca " ?
Pero para chegar a ser un experto en información é necesario tamén aprender a buscar información en Internet, que é o outro gran ámbito onde podemos atopar información.
Para buscar ben en Internet é necesario aprender e practicar un pouco.
Internet é un bo recurso informativo onde podes acceder a millóns de páxinas web.
Pero... ¡atención! É necesario atopar a mellor web para poder resolver correctamente aquela necesidade de información que teñas formulada.
Nesta unidade poderás coñecer:
- As principais características da información dispoñible en Internet.
- As ferramentas que este ámbito dispón para buscar información.
- A grande importancia que ten a utilización de estratexias para poder asegurar uns bos resultados.