¿Que teño que facer?
![]()
Nesta unidade poderás aprender os conceptos necesarios para buscar información en Internet coa finalidade de que saibas deseñar unha boa estratexia para atopar aquela información que necesites.
Aprenderás se les con atención a información, de xeito ordenado, e realizas os exercicios, ao finalizar a unidade.
Clica sobre a opción UNIDADE 4 para poder iniciar a actividade.
Á esquerda sempre atoparás o menú principal que che servirá para volver ao inicio ou cambiar de apartado.
Cando atopes este símbolo
clica para poder avanzar.
Unha vez lida e entendida toda a información que contén a UNIDADE 4 podes facer os exercicios.
Os exercicios atoparalos nun documento word, que terás que abrir nunha ventá nova. Terás que traballar simultaneamente coas dúas pantallas no ordenador: o documento word e o documento web.
Cando remates garda o arquivo word, na rede da escola co teu nome e apelido, para podelo imprimir.