Ser un experto en información

                                                                                                           

Na UNIDADE 4 aprendemos os principais tipos de fontes de información dispoñibles en Internet e a existencia dos buscadores como ferramentas de busca para recuperar esta información.

Vimos que aquilo máis importante era ser estratéxico, que a primeira cousa que tiñamos que facer ao iniciar unha busca era ter claro que é o que buscamos e establecer un camiño para chegar ao noso obxectivo.

Habemos de seguir unhas pautas básicas para non rematar perdidos navegando sen rumbo.

Xa podemos responder á pregunta: ¿como buscar información en Internet?

Pero para chegar a ser un experto en información existe un paso máis: valorar a información para seleccionala correctamente.

Nesta unidade poderás coñecer os principais criterios para valorar a información, especialmente a información dispoñible en Internet pois é imprescindible avaliar a súa credibilidade.