¿Que teño que facer?
![]()
Nesta unidade poderás aprender os principais criterios para poder valorar a idoneidade, a fiabilidade e a actualización da información atopada nunha busca.
Aprenderás se les con atención a información de xeito ordenado e realizas os exercicios ao finalizar a unidade.
Clica sobre a opción UNIDADE 5 para poder iniciar a actividade.
Á esquerda sempre atoparás o menú principal que che servirá para volver ao inicio ou cambiar de apartado.
Cando atopes este símbolo
clica para poder avanzar.
Unha vez lida e entendida toda a información que contén a UNIDADE 5 podes facer os exercicios.
Os exercicios atoparalos nun documento word, que terás que abrir nunha ventá nova. Terás que traballar simultaneamente coas dúas pantallas no ordenador: o documento word e o documento web.
Cando remates garda o arquivo word na rede da escola co teu nome e apelido para podelo imprimir.